Vigo al minuto

Os vigueses convocados este sábado a sair á rúa en defensa do Naval

Vigo será o escenario este sábado día 12 dunha nova mobilización cidadá en defensa do sector naval. Nesta ocasión, os sindicatos maioritarios da comarca -CIG, CCOO e UGT- convocan unha manifestación conxunta coa que pretenden “reclamar a implicación dos Gobernos español e galego na grave crise que padece unha industria fundamental para a economía galega”.

A marcha, convocada baixo o lema ‘Polo futuro industrial de Vigo. Defendamos o naval’, partirá do cruzamento das rúas Urzaiz e Lepanto ás 7 da tarde, é a primeira movilización apoiada conxuntamente polas tres centrais que, como lembraredes, convocaron a Folga Xeral deo 29 de marzo por separado e tampouco acudiron xuntas ás manifestacións do 1º de Maio.

Nesta ocasión, os secretarios comarcais dos tres sindicatos  lembran que a industria naval representa o 30% da riqueza da comarca e ten ocupado 10.000 empregos directos e preto de 30.000 indirectos. Ao mesmo tempo, denuncian que dende o bloqueo do’ tax lease xa desapareceron máis de 8.000 empregos e unhas 200 empresas tiveron que pechar.Hai culpábeis políticos desta situación e temos que sinalalos; os Gobernos español e galego teñen que buscar alternativas ao sistema de bonificación fiscal e facer unha aposta clara polo sector, xa que do contrario certificarán a súa morte”, salientou, no acto de presentación da convocatoria, o secretario comarcal da central nacionalista, Serafín Otero.

 

También te puede interesar