Galicia

O BNG esixe ao Parlamento e ao Fiscal Xeral que investiguen a “estafa masiva” das Preferentes

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no Congreso dos deputados varias preguntas dirixidas ao Goberno sobre a comercialización de participacións preferentes ao tempo que pide a apertura dunha comisión investigadora no parlamento para que se atope aos responsables desta “estafa e fraude masivo”.

O deputado do BNG, Francisco Jorquera, pregunta se o Goberno está disposto a ordenar unha investigación a fondo sobre este tema, lembrando que  a maioría das entidades financieiras venderon este productoa inversores minoristas que non tiñan nen a máis básica información sobre o mesmo”.

O Bloque considera que “existen indicios de que houbo unha actuación concertada entre as entidades bancarias á vista de que a contratación destas participacións fíxose no mesmo espazo de tempo” o que, segundo o nacionalista, xustifica aínda máis a constitución desa comisión de investigación.

Paralelamente, o BNG reclama unha investigación da mesma Fiscalía Xeral xa que “cando se colocaron estas participacións había advertencias da Comisión do Mercado de Valores (CNMV) sobre a súa complexidade e o seu risco” . Jorquera pregúntase cómo é posible que “ante un fraude e un engano masivo e xeralizado que afectou a milleiros de personas, especialmente vulnerables, non se iniciase unha investigación para atopar aos responsables?”

 

También te puede interesar