Como adiantou o pasado 23 de marzo vigoalminuto, a humanización da rua Pintor Colmeiro, incluirá unha praza onde se mostrarán varios cadros do autor, segundo confirmou este luns o alcalde, na segunda visita que fai ás obras que, asegurou, estarán rematas a finais do mes que ven.
Abel Caballero, acompañado da filla do pintor, Elena Colmeiro, explicou que na praza que se abrirá á altura da rúa Tarragona, situaranse cinco paneis con obras, seleccionadas por expertos en arte, por ambos os dous lados, que estarán permanentemente expostos.
Elena Colmeiro manifestou o seu agradecemento pola iniciativa e destacou que é un “xeito de que o pobo participe da arte e da cultura”, ao tempo que subliñou que agarda que a mesma se faga como está proxectada.