Deportes

As Neves recoñece a laboura dos seus deportistas, este mércores, na ‘Gala do Deporte’

Recoñecer o esforzó e a dedicación á actividade física e á competición. Ese é o obxectivo da ‘Gala do Deporte Vila de As Neves’ na que o vindeiro mércores, día 16 (ás 21:00 h) entréganse os galardóns aos mellores deportistas do ano. Deste xeito, esta vila revona a súa aposta por esta actividade, en especial a que se leva a cabo nas categorías inferiores, escolas municipais, e polo clubes do concello.

Na actualidade, as escolas deportivas municipais teñen 77 membros  nos equipos de fútbol: 12 alevíns, 19 infantís, 18 xuvenis e 20 no Neves C.F. que milita na Segunda División Rexional. A eles hai que engadir os veteranos, con 75 fichas, nos equipos Montesol, Conxelados Xián e Señorío de Rubiós. No que se refire ao Fútbol Sala, o ‘Manuel García Araujo’ ten unha plantilla de 12 xogadores, os mesmos que o ‘Santa Marta’ e o ‘Señorío de Rubiós’, ademáis dos que militan no ‘San Xoán de Rubiós’, que milita na Terceira División Rexional. Todos eles súmanse á Escola de Fútbol Sala Femenino, que dispón de 16 xogadoras.

No que respeita ao Bádmiton, As Neves é unha potencia, non só a nivel galego senon nacional e internacional. Os máis de 60 xogadores do Clube de Bádmintos As Neves, contenden en todas as categorías, en todas as competicións, dende alevín a senior e dende o Campionato Provincial ate o de Europa. O seu éxito deportivo súmase á súa capacidade organizativa,como puxo de manifestó, o pasado día 5, no Campionato Provincial Escolar, no que participaron 130 xogadores de 17 clubes.

A estos deportes súmanse o Clube Cicloturista A Lamprea, no que se forman ou compiten 67 ciclistas; os 23 xogadores de tenis que hai no concello, e que unidos ás 15 xogadoras da Escola de Baloncesto, suman preto de 500 deportistas que, nunha vila de 4.500 habitantes, supón máis dun 10% da poboación.

Serán eles, como salientou o alcalde, Raúl Emilio Castro, os que vexan recompensado o seu esforzo e entrega “de moitos anos, a ao que se suman os adestradores, país, afeizoados, ademáis de firmas esponsorizadoras e organismos públicos, dende Secretaria Xeral para o Deporte, Deporte Galego ou a Deputación de Pontevedra, quens vexan recoñecida a súa laboura nesta gala”.

 

También te puede interesar