Dende vigolowcost informan que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir, desta forma recibirás unha subvención de 200€ para a obtención do carnet a cambio de realizar un curso de educación viaria.
- Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Ser titular do Carné Xove
- Estar en situación de desemprego
- Mínimo 6 meses de desemprego no momento de presentar a solicitude
- Que a túa unidade familiar non teña ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM. (información sobre o IPREM)
Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria. Así que se xa o sacaches este ano pero cumples o resto de requisitos podes solicitar esta axuda, se te falta pouco para chegar aos 6 meses como parado podes agardar e solicitalo cando os alcances. As axudas serán concedidas a todos os que entren nos requisitos esixidos, seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.
O prazo de solicitude iniciarase a partir do 15 de maio de 2012 e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible. O curso de educación viaria aínda non ten data.
Información:
Para outras propostas o para coñecer que é vigolowcost pincha aquí.