Comarcas

As Neves premia o traballo de entidades, clubes, organismos e asociacións, na ‘Gala do Deporte’

Recoñecer o esforzó e a dedicación á actividade física e o apoio tanto aos deportistas coma á capacidade organizativa e competitiva.  Ese é o obxectivo da ‘Gala do Deporte Vila de As Neves’ na que este mércores, día 16 (ás 21:00 h) entregará os galardóns que premian a laboura, no eido deportivo, de entidades, organismos oficiais, administración, empresas esponsorizadoras e asociacións sen ánimo de lucro, tanto do ámbito galego coma nacional.

Deste xeito, o Concello de As Neves, renova a súa aposta por esta actividade, en especial a que se leva a cabo nas categorías inferiores, escolas municipais, e polos clubes locais que, en conxunto, implican a 300 deportistas.

Na actualidade, As Neves dispón das escolas deportivas: Judo, Fútbol, Patinaxe  e Ciclismo, en categorías inferiores.Ten un equipo na Segunda División Rexional de Fútbol, ‘Neves F.C., e o San Xoán de Rubiós’, que milita na Terceira División Rexional.; Na modalidade e competición de veteranos,   equipos como o Montesol, Conxelados Xián e Señorío de Rubiós. No que se refire ao Fútbol Sala, compiten tres clubes locales, o ‘Manuel García Araujo’, ‘Santa Marta’,  Asociaciación Deportiva Sol do Condado, éste último é un equipo femenino.

No que respeita ao Bádmiton, As Neves é unha potencia, non só a nivel galego senon nacional e internacional. Os máis de 60 xogadores do Clube de Bádminton As Neves, compiten en todas as categorías, en todas as competicións, dende alevín a senior e dende o Campionato Provincial ate o de Europa. O seu éxito deportivo súmase á súa capacidade organizativa,como puxo de manifestó, o pasado día 5 de maio, no Campionato Provincial  Escolar, no que participaron 130 xogadores de 17 clubes.

Coma salientou o alcalde, Raúl Emilio Castro, “esta será una ocasión inmellorable para darlle as grazas a todas esas persoas, institucións, organismos públicos e privados, empresas, clubes e asociacións que tanto fixeron polo deporte en conxunto e polo noso deporte, en particular “, facendo unha mención, continúa o alcalde a dúas persoas  as que queremos honrar, de xeito especial pola súa adicación, a título póstumo se recoñece a traxectoria do recoñecido ciclista nevense, Sixto Blanco, e tamén se recoñece a Carlos Manuel González Rodríguez, ex -xogador, e directivo do Nieves  F.C.  e que foi concelleiro de Deportes durante dous mandatos, hoxe continúa vinculado ao fútbol, a súa gran paixón”.

 

También te puede interesar