+barato

Día internacional dos Museos 2012 no Museo Quiñones de León e na Pinacoteca Municipal

Dende o vigolowcost informan que o Museo Quiñones de León e a Pinacoteca organizan actividades lúdicas os días 18,19 e 20 de maio co motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano se conmemora baixo o lema “Museos nun mundo cambiante: novos retos, novas inspiracións” O Museo Quiñones de León abrirá as súas portas de forma continuada e contará con visitas dramatizadas e un concerto de folk e a Pinacoteca cunha actividade de misterio para familias.

Vouche contar unha historia… Dª Inés de Mandamoito, dama viguesa do século XVIII; e Dª Filiberta Mandamáis, a “dama das conservas” do XIX, levarán aos seus convidados e convidadas polo Pazo de Castrelos, achegándoos á historia da máis famosa residencia pacega do Concello.

  • Venres 18 ás 10, 11 e 12.
  • Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (60 persoas por grupo)
  • Terán preferencia as persoas ou grupos que fagan a súa reserva previa.
  • Reserva por teléfono: 986 29 50 70 // 986 29 50 75 ou por fax: 986 23 93 72, ata o mércores 16 de maio, 20:00
  • Reserva por correo electrónico: [email protected] ata o venres 18 de maio, 8:00

Lectura do bando do Día Internacional dos Museos a cargo do alcalde no decurso dunha recepción.

  • Venres 18 ás 11:00

Concerto nocturno a cargo do grupo de música folk “Riobó”, protagonizado pola súa solista, a violinista Begoña Riobó. O concerto desenvolverase no xardín principal do Pazo ou ben no seu interior, segundo as condicións climatolóxicas.

  • Venres 18 ás 23.00 horas
  • Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (100 persoas)
  • Coñece a Riobó en begoriobo.com

“Misterio na Pinacoteca” na Pinacoteca municipal “Francisco Fernández del Riego” a actividade familiar na que se resolverá un misterio nas dependencias da pinacoteca. Nenos e nenas, coas súas familias, recibirán as pistas necesarias para descifrar o enigma. Ademáis haberá unha recompensa para os mellores.

  • Sábado, 19 de maio, ás 12.00 e ás 13.00 horas
  • Domingo, 20 de maio, ás 12.00 e ás 13.00 horas
  • Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (30 persoas por grupo)

Museo Quiñones de León: museodevigo.org/informacion_gal.php

Pinacoteca municipal: museodevigo.org/pinacoteca_gal.php

Para outras propostas o para coñecer que é vigolowcost pincha aquí.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.