Así o decretou un tribunal compostelán que este mércores recoñeceu o dereito da plataforma ‘Queremos Galego’ a finalizar a súa manifestación deste xoves, con motivo do Día das Letras Galegas, con megafonía e un palco, algo que lle fora denegado polo Concello de Santiago “ao coincidir esta data coa celebración das festas da Ascensión”, festivo local.
O voceiro nacional da plataforma, Carlos Callón, sinalou que, aínda que o auto emitido “recoñece 100 por cento o dereito a usar todo os solicitado”, a plataforma está pendente dunha resolución definitiva que ratifique que se poderá instalar o palco na Praza da Quintana, onde xa está instalada outra infraestrutura deste tipo para un concerto que se celebrará durante a Ascensión.
Callón, quen calificou a orde do concello de “inxusta, antidemocrática , arbitraria e un ataque á libertade de expresión”, felicitouse pola decisión xudicial decisión xudicial e fixo un chamamento á cidadanía a participar na manifestación, ás 12:00 h., convocada baixo o lema ‘Paremos os ataques contra o galego’.