Se es un dos millóns de blogueros polo mundo adiante que saibas que se cho curras podes irche gratis aos Xogos Olímpicos de Londres.
Un dos patrocinadores dos Xogos Olímpicos, Samsung, acaba de lanzar unha campaña para buscar a un centenar de blogueros que queiran viaxar este verán a Londres.
Queren contar contigo para comentar a cita olímpica e como é a vida na cidade inglesa durante o acontecemento. Se queres saber un pouco máis, pica aquí, pero adiantámosche que abonda con que mandes un vídeo explicando por que serías un bo reporteiro para os Xogos Olímpicos.