Vigo al minuto

Vigo homenaxea a Valentín Paz Andrade

Varios centos de persoas asistiron este xoves a o acto no que o Concello rendiu homanaxe a Valentín Paz Andrade, ao que está adicado o ‘Dia das Letras Galegas 2012’, e no que descubriuse unha placa no Edificio Sanchón, lugar onde o abogado, empresario, escritor, periodista, economista e poeta tiña o seu despacho.

Nun acto presidido pola súa viuva, o fillo de de don Valentín, Alfonso Paz Andrade, lembrou a loboura do seu pai que, salientou, foi quen de crear un novo concepto no eido da pesca, “concepto que mantense a día de hoxe e que tantos rendimentos deu a Galicia”. Valentín amosouse agradecido e emocionado pola homenaxe, ao tempo que sinalou o profundo amor do seu pai pola súa terra a que adicouse ate ao último momento.

Pola súa parte, o alcalde, que estaba acompañado polo presidente da Real Academia Galega, José Luis Méndez Ferrín, asegurou que o nome de Paz Andrade está entre aqueles que “fixeron Galicia e cidade, como Martínez Garrido e Blein Budiño”, coma puxo de manifestó “o seu compromiso coa Galicia do Estatuto de ano 36, con Castelao na política, Seoane na pintura e Díaz Pardo na empresa”.

Abel Caballero remarcou que Paz Andrade aglutinaba unha visión galeguista plural, tolerante e polifacética, don Valentín desprendía un galeguismo moderno, unha mirada precursora de Galicia, plasmada dende as letras e a política, dende a cultura, dende a empresa e dende o europeísmo”.

Antes de rematar o acto, foi a neta do homenaxeado quen leeu uns versos do seu avó, un momento de máxima emoción que deu paso ao descubrimento da praca que lembra ao intelectual no centro da cidade.

 

También te puede interesar