Non podes deixar de ir a Redondela, especialmente este fin de semán. O Festival Internacional de Títeres, que votou a andar o pasado luns, e que onte, co galo do ‘Día das letras galegas’ ofreceu unha programación moi especial, chega ao seu punto culminante estes sábado e domingo.
O sábado, día 19, a programación comeza a 1 do serán, na Praza do Concello con ‘Punch & Jud’, de Rod Brunett (Reino Unido); as 5, nos Xardíns da Alameda, ‘Granujas a todo ritmo’, de Birloque (Cantabria) e repite ‘Punch & Jud’; de 6 da tarde a 9 da noite, na Pista da Xunqueira, ‘El laberint’, de Inteneránia (Cataluña), e volven Birloque e Punch&Jud.
As 7, nos Xardíns da Alameda, ‘Caperucita Roja’ de Los Claveles (Murcia); na Praza da Constitución ‘Cencerro Nejro’, de Galicia; as 8, na Praza Severiano Soutullo, ‘A rúa das Pantasmas’ dos galegos Cascanueces; as 8 e media, na Casa da Torre, ‘Fantasías Folclóricas’ do Teatro Estatal de Marionetas de Varna (Bulgaria); as 9 e media, na Praza da Torre, repite ‘Cenecerro nejro’ e as 10, no Paseo da Xunqueira, segundo pase de ‘Granujas a todo ritmo’. O sábado acaba as 11 e media da noite, en Andén 24, con entrada de balde, co ‘O progreso imparable da estupidez’ de Tireficciós.
Unha das novidades para este ano do festival é a programación de obras, que pola súa posta en escena necesitan duna intimidade especial e un traballo co espazo. Así cun aforo limitado a 120 localidades as compañías Onírica Mecánica (Murcia) e Sofie Krong (Dinamarca) ofrecerán os seus espectáculos nunhas condicións idóneas, eso sí, para compensar o límite do aforo estes espectáculos farán dobre programación.
Ademáis, están programados pases especiais para escolares, este ano serán máis de 2.500, de entre 4 e 12 anos, que poderán asistir a 8 representacións pensadas só para os colexios. A elo unirase unha programación de sala, pensada para adultos.
O domingo, 20, de 12 a 2 da tarde, na Pista da Xunqueira, ‘El Laberint’, de Itineránia (Cataluña); á 1, Punch&Judy, na Praza do Concello; á 1 e media, nos Xardíns da Alameda, ‘Granujas a todo ritmo’; ás 5 do serán, na Praza do Concello, volven Punch&Judy e chegan os galegos da ‘A charanga mekanika’; media hora máis tarde, na Casa da Torre, ‘Fantasías Folclóricas’ do Teatro Estatal de Marionetas de Varna (Bulgaria), e en Alfonso XII, ‘Granujas todo ritmo’.
De 6 da tarde a 9 da noite, na Pista da Xunqueira, ‘El Laberint’; nos Xardíns da Alameda, ‘Caperucita Roja’; en Alfonso XII e Praza da Torre, ‘Charanga Mekánika’, e na Praza da Torre-Alameda, ‘Os cómicos dell’outo’, do Teatro de Ningures.
As 7 da tarde, en Alfonso XII-‘Granujas a todo Ritmo’; as 7 e media, na Praza do Concello, ’Punch&Judy’ e no Paseo da Xunqueira, ‘Charanga Mekánika’; as 8 , na Alameda, ‘Caperucita Roja’; na Casa da Torre ‘Fantasías Folclóricas’ do Teatro Estatal de Marionetas de Varna (Bulgaria), en Alfonso XII, ‘Granujas a todo Ritmo’ e na Praza do Concello, ‘Punch & Judy’.
As 9 e media, Meixón Frío ofrece un Concerto acústico a cargo dos galegos PI GRAOS’ e lévase a cabo a Entrega de Premios do Concurso, a A Tenda da Candelaria antes da actuación, ás 10, no Paseo da Xunqueira de ‘Granujas a todo ritmo’.