Galicia

Peches en centros de ensino público de toda Galicia

Pais e nais, estudantes e docentes pecharanse o luns 21 de maio ás 4 e media da tarde  no Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro para esixir da Consellería de Educación que non aplique en Galicia ningún dos recortes que recolle RD Lei 14/2012 o e que “o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta”.

O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, rematará ás nove da mañá do martes 22 e terá continuidade cun novo encerro da comunidade educativa, ese mesmo día, ás 4 da tarde, no IES Menéndez Pidal de A Coruña.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten previsto continuar con estes peches rotativos en centros de ensino  ata o 1 de xuño nas seguintes datas e lugares: A Coruña (22 de Maio), Pontevedra (23 de Maio), Lugo (24 de Maio), Burela (25 de Maio), O Morrazo (29 de Maio), A Guarda (30 de Maio), Carballo (31 de Maio), Ourense (1 de Xuño)

A Plataforma rexeita os recortes propostos, denuncia que “con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado” , asegura que aumentará o fracaso escolar e  que “suporá o despedimento de máis de 2000 profesores e profesoras”.

 

También te puede interesar