Vigo al minuto

Alertan de que os hospitais de Vigo pecharán 751 camas este verán

A denuncia ven de ser feita dende Comisións Obreiras dende donse se asegura que no  periodo estival deste ano o peche de camas hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) “será o mais grave de tódolos anos anteriores” dado que “careceremos de 751 camas funcionantes para ingreso hospitalario logo de que na primeira quincena de xullo se inhabiliten 71, outras 114 na segunda quincena, máis do dobre en cada unha das quincenas de agosto, preto de 200 no mes de setembro e 27 nas dúas primeiras semanas de outono”.

CCOO, subliña que estos recortes afectarán tanto aos enfermos como aos profesionais, “sobor de todo nos dos servizos de Urxencias hospitalarias que poden ter estas unidades colapsados con doentes pendentes de ingreso”. A central alerta de que trátase dunha situación de extrema gravidade xa que esta circunstancia engádese “ás longas listas de espera neste area sanitaria” que, asegura son as maiores de toda Galicia, e que, ademáis de engordalas moito máis nos vindeiros meses”, vai traer consigo o “desvío de ós doentes a centros sanitarios privados”.

Por último, Comisións Obreiras anima á poboación a que “realice cantas denuncias e reclamacións sexan oportunas nas situacións de citacións prolongadas tanto diagnósticas como cirúrxicas e de posibles demoras nos ingresos hospitalarios dende Urxencias” .

 

También te puede interesar