Galicia

Feijóo, “darlle a comida ou facerlle a cama a un doente non é sanidade”

Iso opina o presidente da Xunta quen, nunha entrevista concedida ao diario ABC, declara que “darlle a comida e facer a cama a un paciente non é Sanidade”.Isto é o que formulamos”, continúa e, tras reiterar que “facerlle a cama a un paciente non é o mesmo que operalo do corazón“, asegura que a hai unha campaña para xerar inquedanza sobre a sanidade e califica de “caduco” o debate sobre a súa privatización.

Feijóo cree que “a asistencia sanitaria estritamente pódese facer dentro do sector público”, e indica que iso é o que se fai en Galicia e que, pese a estar na “lexislatura da crise” será, tamén a “da mellora so Servizo Galego de Saúde”.

O xefe do executivo galego cree que aprobar a Lei de Dependencia e tentar que fose o cuarto brazo do estado do benestar, cando non estaban asentadas as pensións, a educación e a sanidade foi unha irresponsabilidade histórica” xa que non había financiamento para a mesma.

 

También te puede interesar