Deportes

Ruta de sendeirismo de ‘O Coto’ por Adro Vello, en O Grove

A Asociación Cultural ‘O Coto’, o único grupo de Vigo que ten unha programación estable de rutas de sendeirismo para familias e nenos, organiza este domingo (saída ás 11:00 h. desde o Colexio Público Carballal), da man do Grupo Andaina, una ruta por Adro Vello, en O Grove.

Adro Vello é un importante xacemento arqueolóxico que se atopa ao borde da praia de O Carreiro e nel hai, en capas superpostas,  restos dunha villa romana, unha necrópolis de inhumación (S. V-XVIII), a planta dunha igrexa visigótica (S. II), asi coma elementos dunha fortificación da Baixa Idade Media (posterior ao S. XII) feita como protección ante posibles agresores que chegasen por mar.

Será a arqueóloga Pilar Barciela, quen explique aos participantes os detalles sobre este xacemento nunha andaina que, na maior parte do seu recorrido transitará polo Espazo Natural “Complexo Ons-O Grove”, que forma parte da Rede Natura 2000.

 

También te puede interesar