A Xunta ven de conceder ao IES Pedro Floriani de Redondela unha sección da escola oficial de idiomas, de xeito que o vindeiro curso este centro contará cunha sección dependente da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, á que está adscrita, na que se impartirán ensinanzas de inglés. A oferta inicial prevista inclúe tres grupos de 1º de nivel básico e catro de 1º de nivel intermedio.
As persoas interesadas en matricularse nestes cursos terán que realizar unha preinscrición en Internet entre o 27 de xuño e o 12 de xullo (Básico 1) ou o 27 de xuño e o 12 de setembro (Intermedio 1). Poderán atopar toda a información sobre a preinscrición e matrícula na páxina web da EOI de Vigo, http://www.eoidevigo.org
Escola oficial de Idiomas en Vigo
No curso 2011-2012 a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, xunto coas súas seccións, rexistrou unha matriculación de 7.900 alumnos en ensinanzas regradas polo réxime oficial na modalidade presencial, o que supón 2.191 máis que no curso 2008/2009-.Así mesmo, o número de persoas matriculadas polo réxime libre para realizar as probas de certificación dos niveis básico, intermedio e avanzado ascendeu o presente curso a 812.
A EOI viguesa ofertou este curso prazas en 328 grupos de ensinanzas regradas, nos idiomas inglés, francés, alemán, italiano, español, galego, portugués, chinés e xaponés; prazas repartidas entre a sede principal, na cidade olívica, e as seccións de Coia, Tui, Cangas, Ponteareas e Nigrán. En total se ofertaron 57 grupos máis que no curso 2008-2009 o que supuxo un incremento do 21% respecto dese ano. Cifra que se verá incrementada cos sete novos grupos que se engadiran o ano que ven en Redondela.