O creador Alfonso Sucasas, un dos maiores referentes vivos da pintura galega faleceu o pasado martes aos 72 anos de idade no seu domicilio, de Vila de Cruces. A derradeira exposición de Sucasas, no centro cultural Novacaixagalicia, en Vigo, amosou unha retrospectiva das súas fondas raíces galegas e o seu alenxamento do folclorismo, algo do que fuxía conscientemente.
Alfonso Sucasas comezou a súa carreira en Brasil, pero regresou a Galicia en 1968 e iniciou unha carreira artística, que xa viña marcada por unha vocación recoñecida dende os 16 ou 17 anos, na que tivo cabida unha obra na que os temas populares e a denuncia social tiveron un lugar central.
O Concello de Lalín, no que nacera, o mesmo que Laxeiro, ven de decretar tres días de loito oficial por ese lalinenese de honra que, segundo manifestou o alcalde, quen calificouno coma “un dos grandes da pintura galega”.