Vigo al minuto

Os trens Alvia, lonxe de recortar a viaxe Vigo-Madrid, chegaron tarde 18 veces

Os trens Alvia, que segundo asegurou o pasado día 9 a ministra Pastor, acortarían o tempo de viaxe entre Vigo e A Coruña e Madrid, non están a cumplir con anunciado e, por iso, os deputados do BNG no Congreso rexistraron unha iniciativa parlamentar na Cámara na que piden explicacións a Fomento por este feito.

Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila sinalan que o novo tren Alvia que se inaugurou a mediados do mes de xuño e que realiza o traxecto entre Madrid e Galicia, non está a acadar os obxectivos de tempo anunciados. “Supoñíase que debían recurtar os tempos de viaxe entre ambas cidades en 50 minutos. Máis non só non se reduciron os tempos senón que incluso estes trens chegaron tarde durante varias xornadas”.

Retrasos de máis de media hora

Subliñan que en nove días “ningún dos 18 trens que operaron durante estes días  de posta en funcionamento do novo Alvia chegaron a tempo, nen á estación ferroviaria de Vigo nen á de Chamartín”. Así, salientan que os trens Alvia circularon cun retraso medio de media hora ou máis porque “incluso houbo un Alvia que chegou a Vigo cunha hora e 23 minutos de retraso, e o que ía á Coruña acumulou dúas horas de demora”.

Os parlamentares do BNG dirixen ao Goberno varias preguntas para coñecer as razóns destes continuos retrasos, para saber por que motivo non se diminuiron os tempos de viaxe e se chegou incluso “a superar en ocasións os tempos de viaxe dos anteriores Talgo”, e saber por “que razón o Ministerio non se asegurou deste tema antes de anunciar a bombo e platillo a reducción dos tempos de viaxe en 50 minutos”.

 

También te puede interesar