Vigo al minuto

Empeza a Feira do Libro, que estará aberta na Alameda ate o 8 de xullo

Non poido ter mellor mestre de cerimonias a Feria do Libro 2012 que o escritor Xosé Neira Vilas. O autor de ‘Memorias dun neno labrego’ foi o encargado de da lectura do pregón no que, ademáis de facer unha defensa da literatura, da fábula, dos contos e do maxín, agradeceu que a derradeira biblioteca que se abriu en Vigo leve o seu nome, un feito que pareceulle “moi emocionante” para un traballador das palabras e un enamorado dos libros.

Estos son, como cada ano, a estrelas e o reclamo para as máis de 30.000 personas que se agarda que se acheguen á Alameda  os dez días (estará aberta ate o 10 de xullo) que durará esta cita, na que tes a oportunidade de atopar dende unha biografía de Churchill ate o derradeiro traballo de Manolo Rivas, Pedro Feijóo ou da xornalista viguesa Begoña Caamaño.

Precisamente a Feira, que nesta 38ª edición acollerá a presentación de dezasete novidades editoriais, a meirande parte delas en galego, ten programada a presenza de ate 30 autores que, ademáis de asinar as súas obras, debatirán e atenderán as preguntas dos lectores.

Diccionario Inglés-Galego

É un dos referentes e das novidades máis celebradas desta cita. Publicado pola Editorial 2.0, trátase dun proxecto elaborado, durante nove anos, polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo. O ‘Diccionario Moderno Inglés-Galego’, que corrixe e aumenta a versión dixital (2005), que pode consultarse de balde na Rede, contén, ao longo de máis de 1.200 páxinas, 20.000 entradas e 30.000 acepcións no que, sen dúbida, é  o primeiro grande dicionario bilingüe inglés-galego Un dos seus atractivos, especialmente coidado polos seus autores, Xavier Gómez Guinovart, Alberte Álvarez Lugrís e Eva Díaz Rodríguez, é que,  diferenza doutros dicionarios, os 60.00 exemplos que contén  están traídos de textos que foron traducidos ao galego anteriormente, dende películas a revistas, pasando por obras de autores coñecidos a nivel mundial.

A elo hai que engadir que incorpora os significados máis recentes das palabras o que supón, en certa maneira, unha chamada de atención á lentuitude co que admiten institucións coma a Real Academia Galega, os cambios que se producen na lingua real, unha norma que non está no ánimo deste diccionario.

Trátase dunha obra que, maila ao valeiro que había no mercado dunha obra destas características, non tivera chegado ao prelo se non fose pola aposta da Editorial 2.0 e porque Álvarez Lugrís e  Gómez Guinovart traballaron sen cobrar, ao que hai que engadir  as axudas recibidas de Xunta e Goberno central para as bolsas dos investigadores, e o patrocinio da Consellería de Cultura e da Universidade de Vigo, que fixeron posible tirar 1.000 exemplares da mesma.

 

También te puede interesar