
A escritora Kristina Berg, viúva de Carlos Casares e presidenta da fundación que leva o mesmo nome, finou hoxe en Vigo aos 64 anos de idade.
Ligada ao mundo do mar, da arte, escribiu dous libros destinados ao público infantil, Dona Galicia (1979) e Un neno viquingo (1987).
Nacida en Suecia, coñeceu ao gran Carlos Casares nunha viaxe a Galicia co que casou pouco despois.
A Xunta lamenta o falecemento da intelectual e xa trasladou as súas condolencias aós seus familiares.
Para o Goberno galego, Berg foi sempre unha muller de cultura e unha creadora que chegou a Galicia para construír unha gran obra cultural, literaria e humana ao lado do seu marido, Carlos Casares.