O presidente da Xunta recibiu este mércores en Vigo, logo de ter este martes unha cea de traballo con él, ao representante da Petrolera Mexicana (PEMEX), antes da reunión que manterán, hoxe e mañán, unha delegación del Clúster dos 15 asteleiros mexicanos, encabezado polo seu presidente, Ignacio Zárate, PEMEX e os directivos dos asteleiros galegos.
En declaración aios medios, o representante de PEMEX afirmou que a xuntanza era para “completar os compromisos que adquiriu o noso director xeral coa Xunta de Galicia” e para “impulsar o intercambio de tecnoloxía e os negocios conxuntos entre os nosos asteleiros e os asteleiros nacionales de Mexico”. José Manuel Carrera confirmou que neta resunión falarase xa “sobre aspectos técnicos, discutindo modelos e presos para dar pasos firmes de cara á concreción dos proxectos”.
Estos non son outros que a participación de industrias navais galegas na construción de 14 remolcadores, 7 deles en estaleiros galegos e outros 7 en cooperación con estaleiros do país americano. Ademais da construción dos remolcadores, o preacordo con Pemex inclúe outras posibilidades como a de construír dous quimiqueros en Navantia ou outros estaleiros galegos e de confeccionar un flotel, buques que poderían ser ensamblados en Barreras, Vulcvano, Freire e Metalships.
Pola súa banda, o presidente Feijóo falou de “acordo estratéxico, plasmado nas catro visitas a Galicia de José Manuel Carrera”, o cal, engadiu “permitiulle coñecer de primeira man que o Naval é un sector estratéxico da economía galega”. Feijóo, quen salientou que o Naval galego é un referente en todo o Estado, subliñou que maila ao perigo de desaparición deste sector, sempres saiu adiante “grazas a que soubo confiar en sí mesmo”, ao tempo que describiu aos seus traballadores coma “profesionais con forza para resucitar cando vense forzados polas circunstancias”.