Vigo al minuto

A Xunta pedirá ao Concello máis terreo para construir a Estación de Autobuses

Os 80.000 metros cadrados, que ocupará a que debería ser Estación Intermodal do AVE, en Urzáiz, non chegarán para construir neles a Estación de Autobuses e, por iso o Concello deberá ceder máis terreos para a devandita obra. Así o cree o conselleiro de Infraestructuras quen, hoxe, logo de reunirse co secretario de Estado de Planificación, en Madrid, declarou que vai pedir “terreos adicionais” á cidade. “No que resta de verán imos facer un encaixe, un predeseño da estación de autobuses baseándose nas previsións do Plan Xeral de Vigo. Teremos que pedir, e aproveitaremos a reunión do día 13, ao Concello de Vigo unha colaboración para conseguir terreos adicionais en relación cos previstos no Plan Xeral posto que, de acordo cos nosos primeiros tenteos, é necesario un espazo maior do inicialmente previsto, afirmou Agustín Hernández.

Hernández asegurou que “coordinaremos ese traballo de tal maneira que, mentres o Ministerio executa a estación de Vigo definitiva, tamén traballaremos en paralelo para que no momento de posta en servizo da estación se conte cunha estación verdadeiramente intermodal, integrada no propio complexo da estación Vigo-Urzáiz, que sexa realidade no momento en que se rematen os obras da do ferrocarril”.

Precisamente o vindeiro xoves, o Ministerio convocou unha reunión do grupo de traballo que se constituíu para optimizar e analizar un deseño consensuado da nova estación de Vigo, grupo constituido na cidade baixo a presidencia da ministra Pastor e no que todos os integrantes estiveron dacordo en que Thom Maine faga os trocos necesarios no diseño inicial para que crear unha verdadeira estación intermodal.

 

También te puede interesar