Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAs bandas de Tui e A Guarda ofrecerán un concerto este venres
O son das bandas de música populares é o protagonista este venres, día 27, ás 22.30 horas na Praza de Fernando de Tui coa celebración do Festival de Bandas de Música. Este ano participarán a Agrupación Musical da Guarda e a Banda de Música Popular de Tui como anfitrioa, segundo informa o Concello de Tui.
A Agrupación Musical da Guarda creouse a finais do ano 2001 por iniciativa de pais e profesores do Conservatorio de Música e do Concello da Guarda. Actuou por vez primeira en público no Festival fin de Curso 2002-2003 e fixo a súa presentación oficial o 25 de xuño de 2005 na Praza do Reló da Guarda.
Dende entón ten actuado tanto na Guarda como na comarca, así como en Gondomar, Asturias, ou en Arroyo de la Encomienda. No seu haber figuran distintos premios como o 2º premio en 2009 e o 3º en 2010 no Certame Provincial de Bandas. En agosto de 2011 gravou o seu primeiro traballo discográfico. Conta tamén cunha sección infantil. Na actualidade a Agrupación Musical da Guarda está dirixida por Víctor Alonso Treinta e formada por 49 músicos xoves.
Por outra parte a Banda de Música Popular de Tui afunde as súas raíces a finais do século XIX, e tras varias vicisitudes, mantén unha actividade permanente dende a década dos oitenta. Nestas case tres décadas ten ofrecido numerosos concertos tanto en Galicia coma en Portugal, así coma en Valencia, Salmanca, Asturias, Madrid ou Bos Aires. Ten participado amais en varios programas de televisión.
Esta agrupación ten tanto na Escola de Música de Tui coma no Conservatorio unha excelente canteira de músicos que integran as súas filas. Na actualidade o seu director é Adolfo Besada Álvarez e banda está integrada por 60 músicos.
En caso de choiva o Festival celebrarase no Teatro Municipal, debendo nese caso retirar as entradas, de xeito gratuíto, dende ás 22:00 horas, cun máximo de dúas entradas por persoa.