E será a primeira vez que o faga dividido logo das escisión habidas no BNG. Esta formación celebra, como xa é tradicional, o Día da patria Galega cunha concentración na Praza da Quintana, mentres que Máis Galiza, Acción Galega e Ecosocialistas, farán o seu propio acto e, na Praza de Mazarelos, o fan os seguidores de Anova-Irmandade Nacionalista, formación que se constituíu o pasado sábado en asemblea e que ten coma voceiro a Xosé Manuel Beiras para quen, dada a xuventude da nova formación, “sería moi precipitado coincidir”.
Pola súa parte, Compromiso por Galicia, chégase ate o parque de Bonaval onde falarán Sara Torreiro e Paulo Carlos López, de Mocidade Nacionalista Galega; Chus Boo, da Comisión Executiva Nacional; Xabier Oviedo, alcalde de Maceda; Xosé Manuel Pérez Bouza e Teresa Táboas, membros do consello Político Nacional; e pechará as intervencións o coordinador desta plataforma, Xoán Bascuas.
A proba principal, hoxe, e para o Bloque Nacionalista Galego, que terá que a oportunidade de ver cal é agora mesmo a súa capacidade de movilización, tras deixar de ser un ‘bloque’, cos discursos finais do voceiro nacional, Guillerme Vázquez, e o do candidato á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera.