N.FERNÁNDEZ/ A. ALBALADEJO.- Son dúas das caras máis coñecidas da Agrupación de Electores de Redondela (AER), Jorge Varela, ‘Chopi’ e Bernardo Campanero, ‘Campa’, aos que entrevistamos hai tempo e que, coma creimos cando estivemos con eles, representan o xeito novo, e realista, de entender o servizo público. Entraron no concello redondelán, cun concelleiro, (que de momento é ‘Chopi’, quen a metade de mandato renunciará para que entre na Corporación o seu compañeiro Alfonso Blanco, ‘Pochi’) que é o que ten a chave da gobernabilidade, unha chave que no caso de AER non abre a porta da sala do gobernó local, senon a da porta pola que entran os veciños de Redondela no Concello.
Vigo al Minuto.- Qué é unha agrupación de electores?
Chopi.- É algo que non ten que ver cun partido…é unha manerira de presentarse as eleccións…distinta, na que unha serie de cidadáns xuntanse e deciden concorrer…para elo é necesario recoller un número de sinaturas, que dependen do número de electores, no noso caso foron necesarias cincocentas…con DNI…non ten nada que ver cun partido, ninguén manda en nos…
VAM.- …si, si, pero cómo funciona? hay unha executiva, unha dirección?..
Chopi.- …non, non, no noso caso optamos por un funcionamento asambleario… xuntámonos todos os martes e nesas reuinións decidimos…e tamén movémonos por correo electrónico, por Internet…craro, dependendo dos asuntos…e o que eu defendo nos plenos do Concello é o que se decidiu nesas asambleas…
Campa.- …cada un leva un tema…e cada grupo de persoas o estuda e o expón na asamblea que, á vista do que se diga, debate e decide…orzamentos o leva un grupo de, o GRUMIR, outro, urbanismo outro…e os temas trabállanse, fanse propostas alternativas e iso é o que Chopi dí no Pleno.
VAM.- Falabades de que presentades alternativas…
Chopi.- …si, si, craro…empezamos so controlando o que se facía e logo decidimos que iso non chegaba e que era necesario proponer alternativas e así o facemos…eso é moito traballo e non sempre damos abasto…pero vai indo…xa presentamos 30 mocións este ano…máis que os outros grupos xuntos. O que intentamos é que sexan os veciños, as asociacións os que presenten as súas propias mocións…nos as debatimos con eles e, se estamos de acordo as presentamos…como as de seguridade vial preto dos colecios, a carretera de Peinador, Chapela, lixo…máis as preguntas aos plenos, unha media de cinco…e en cada unha metemos tres, ainda que non está permitido (risas).
VAM.- Por qué crear unha Agrupación de Electores?
Chopi.- esencialmente porque estábamos hasta os huevos do que pasaba aquí…tivemos en conta o voto nulo…que nas anteriores eleccións pasou de 800 papeletas…e o preparamos e decidimonos un mes antes das eleccións…
VAM.- …pero non pensabades obter representación ou si?..
Campa.- …non, non, que va!..
Chopi.- …bueno, uns non e outros sí…sabíamos que había moita xente descontenta…non creo que nos votasen por méritos…pode que sí pola foto, todos poñen a cara, así, en plan Ché Guevara, decindo que van arranxalo todo…nos saimos no atrio da iglesia, cun can no medio…foi orixinal…
VAM.- …se non me equivoco a idea é que ti estés dous anos e deixes paso ao seguinte da lista…
Chopi.- Sí, eso é…eso é o que imos facer…bueno, sempre e cando eu aguante, porque ademáis do concello teño o meu traballo e isto queima, son moitas horas, moita dedicación, moitas historias…e se non aguanto que entre o seguinte da lista, Pochi (Alfonso Blanco), que ten que entrar igual dentro dun ano (risas).
“O que intentamos é que sexan os veciños, as asociacións os que presenten as súas propias mocións…nos as debatimos con eles e, se estamos de acordo as presentamos”
VAM.- Sodes os que decidides no Concello de Redondela, o voso voto foi o que lle deu a Alcaldía a Javier Bas…algún dos grupos vos propuxo entrar no gobernó local?
Campa.- O PSOE se que falou con nos, nunha actitude bastante chulesca…metendo medo con historias como “ides deixar que goberné a dereita?!”…nos prometimos que non apoiaríamos a ninguén, asi o dixemos na campaña…
Chopi.- ….iso é, avisamos que non votariamos por ninguén ou votariamos por nos mesmos…isto último tiña un problema, imaxínate que outros grupos nos votan e cun concelleiro nos facemos coa Alcaldía…acaban con nos…a postura máis coherente era absterse…
VAM.- …e non pensabades que a xente diría que grazas a iso gobernaría o PP?
Chopi.- …non, non…o razonamento non é así…o PP goberna porque tivo máis de 6.000 votos, non pola nosa abstención…non nos gustan as maiorías absolutas, porque os que a teñen fan o que lles sae dos huevos…
VAM.- As decicións tómanse tendo en conta as necesidades da xente ou creedes que son máis políticas?
Chopi.- Qué va!por política total!…parece mentira que sexa tan político…intentar destruir o que fai o outro…fíxate agora o Blas (por Javier Bas, alcalde de Redondela), está conseguindo moitas cousas por qué?, porque está na Diputación o PP, na Xunta o PP e no Goberno o PP…é triste, pero é asi…se chega a estar o PSOE na Deputación ou noutro lado non sería asi…dariánlle para atrás a moitas cousas para evitar que se colgase a medalla…e isto non é colgarse medallas, compañerios do metal, senon facer cousas para o pobo…
Campa.- …o PSOE votou en contra dos orzamentos por política, sen presentar ningunha alternativa…
Chopi.-…nos non presentamos presupostos alternativos porque non sabíamos, estamos aprendendo…xa levamos máis dun ano, xa temos experiencia e o que imos facer, dende novembro, é elaborar uns presupostos alternativos…ter un borrador de presupostos…
Campa.-…polo pronto xa conseguimos que as competencias do Pleno que estaban delegadas no alcalde, volvesen ao Pleno…antes decidía o alcalde e punto…e iso é importante…
Chopi.- …outra cousa é que ninguén lee nada…ni Dios…xa nos avisaron cando chegamos ao concello de que ninguén se lee as cousas…e nos sí…é moito traballo, pero tamén é a nosa obriga, para iso estamos aquí.
“Na campaña prometimos que non apoiaríamos a ninguén para alcalde e asi o fixemos”
VAM.- O diálogo é máis fluido ou máis fácil co goberno que cos outros grupos da oposición?
Chopi.- Co PSOE imos mellor…co Bloque é outra cousa…van de país, pero non dan alternativa…e falan de que xa veremos cando o PP nas próxims eleccións saque maioría absoluta…ese é un tema do que xa nos ocuparemos se chega o momento, agora hai que colaborar para facer cousas, danos igual que sexa con ‘Blas’, co PSOE ou co Bloque, dando ideas para que as cousas vaian mellor.
VAM.- Houbo unha oferta do PP para entrar no Goberno?
Chopi.- Nen do PP, nen de ninguén…eles sabían o que nos dixéramos, nos non vendemos por nada…viñeron falar con nos uns días antes da investidura…decindo que si eran máis de esquerdas, que si estamos no PP para facer cousas…pero non o creimos…
VAM.- …pero a relación non é mala…
Chopi.- …non, non…eles, hai que decir a verdade, están conseguindo cousas para Redondela…pero tamén hai cousas que non nos gustan…pero nos non estamos decontentos, non co Partido Popular, senon con ‘Blas’…hai xente dentro do PP que son máis peperos que outros…hai un detalle: estábamos tratando dos presupostos e estaba ‘Blas’, Ana, a de Economía, e Pazos, que é o que fala sempre no PP, es logo de duas ou tres horas digo, vou facer unha pregunta, se neste momento tiverades maioría absoluta, nos tratariades tan ben, nos explicariades tanto as cousas?…e contestaron, o alcalde e a de Economía, ‘sí’…e Pazos, ‘non, home, a situación sería diferente’ (risas).
“Bas non é alcalde pola abstención de AER, é alcalde porque tivo máis de 6.000 votos”
VAM.- Antes decías que queredes que haxa máis participación dos veciños, dos colectivos, das asociacións de Redondela, cómo o ides conseguir?
Chopi.- Mira, dende hai meses, nos mandamos a todos os colectivos, asociacións, veciños, a Esquerda Unida, que ten un tío cojonudo aquí en Redondela…a todos, estén ou non dacordo con nos, toda a información que temos…e algún contestan e fan propostas…e outros non…pero todos tiñan a documentación…nos queremos que decidan máis as parroquias…queremos ser transmisores da cidadanía…pero sempre coincidindo coa nosa maneira de pensar…nos non nos consideramos de nada…seica un é de esquerdas porque o di e xa está?…non!..nada de iso…nos somos o que somos pódese ver nas propostas, nas mocións, no que facemos…iso de dereitas e esquerdas xa quedou trasnochadísimo…e non é que sexamos unha maravilla…pedimos moita axuda, a moita xente…
VAM.- …entón AER non ñé un proxecto político coma tal?..
Chopi.-…non,non, nada de iso…a min gustaríame non estar en AER dentro de oito anos e votar AER sempre que esté dacordo co que propoña…deixar que entre xente nova, con forzas, con outras ideas…máis de oito anos é imposible estar nisto…queima, acabas perdendo frescura, non tes ideas novas…non, que veña xente distinta e que se esforcé en traballar para conseguir o mellor para a xente, nada máis.
VAM.- Fálase moito, porque está pasando, de recortes, sobre todo na administración local, en Redondela onde se pode recortar?
Chopi.- Ollo con iso…nos temas sociais nos non imos a consentir que se recorte nada…na Educación tampouco…mira, entre profesores, bombeiros, policías e médicos, todos xuntos, non chegamos ao número de políticos que hai neste país, iso é unha aberración, non se pode consentir…cando máis iñorante sexa a xente máis fácil é de manipular…máis verá a televisión…hai que leer de todo e contrastalo todo…non creerse o que ves…hai que contrastar e formarse unha opinión.
“Queremos que decidan máis as parroquias…queremos ser transmisores da cidadanía”
VAM.- Crees que vos tomaron en serio, a AER, refírome aos medios de comunicación?
Chopi.- Qué va!bacilaronos o que quixeron…sempre con titulares coma “A abstención de AER permitiu aprobar isto ou facer aquelo”…pero que non é a abstención de AER a que o permite…iso é falso…non hai que esquencer que o PP ten máis de 6.000 votos…non hai que esquecer que a abstención é un xeito de decir que non estás de acordó con uns e cos outros…por iso comezamos co boletín no que explicamos a nosa postura e que está a ter éxito…porque funciona por Internet…nos non facemos iso de poner un ha cousa no titular e outra no texto da noticia, na letra pequeña, porque o titular, seica, pode levar a engaño…e iso é o que fan moitos medios…
VAM.- …pero iso irá a menos, non?…
Chopi.- …qué va!…mira,. eu sento a carón do PP porque ese é o sitio que quedaba no Pleno…PSOE e BNG sentan xuntos, suman 10, e quedan 10 asentos, o alcalde ocupa o seu posto, co que sobra un sitio onde está o PP…ben, pois sacan a foto e poñen, “Jorge Varela, concelleiro de AER, xunto cos do PP”…iso é mentir. Nos votamos o que creemos que é mellor, sexa a favor do PP, en contra ou a favor do Bloque ou do PSOE…
VAM.- …Javier Bas o está facendo ben ou non?
Chopi.- O fai mellor que o outro que levaba 30 anos…pero non está a facer todo o que nos gustaría…a verdade é que hai cousas que se non escapan, sobre todo do funcionamento do Concello, e decataste a toro pasado…iso é experiencia, en uns meses, ou no tempo que queda do mandato, xa teremos esa experiencia para estar nos temas e saber levalos.
“Nos temas sociais nos non imos a consentir que se recorte nada”
VAM.- E os veciños, cómo os ven?
Chopi.- Agora con máis respeto…ao principio había moitos que decían iso de porreros, perroflautas…pero agora a cousa cambiou…na lista temos estudantes, un economista, un empresario hosteleiro…hai moita xente que aporta moitísimo…e que traballan nos temas…creen que poden facerse as cousas doutra maneira…por exemplo controlar os gastos que parecen pequenos que son moitísimos cartos…por exemplo nas empresas que suministran ao Concello…ate o dagora non había control, se compraba ao de sempre, agora xa se piden presupostos a outras e se asignan á máis barata…iso é un avance, supón aforrar cartos que poden destinarse a cousas que sí son necesarias para os veciños...os cartos dos veciños non son teus e hai que gastalos con moito coidado…cos teus fai o que queiras, pero cos da xente coidado, hai que mirar moi ben e administrar…fora podes ter os amigos que queiras, pero cando se fala de diñeiro público, ollo!aquí non hai amigos.
VAM.- Qué vai pasar con AER cando remate o mandato?
Chopi.- A idea que temos é seguir…seguir pero facendo o mesmo, volveremos a pedir as firmas e se a xente firma, perfecto, nos presentamos, pero se non as conseguimos, non…isa é a mellor maneira de saber se creen que estamos facendo algo útil, que axudamos, que aportamos…que non nos firman? pois hasta aquí e rematou o conto, carreteira…que sí temos as firmas, adiante…non hai máis.