A central nacionalista denuncia o recorte de 999 profesores nas adxudicacións provisionais que publicou a Consellería de Cultura e Educación, “un novo recorte na dotación de profesorado que repercutirá nunha maior masificación das aulas e na imposibilidade de dar conta de todas as necesidades educativas», advirte.
Segundo a CIG, este ano redúcese nun 26,5% o profesorado ao que se lle asigna praza provisional para o próximo curso, “unha redución que é especialmente grave no caso de Secundaria, en que estamos a falar de 993 profesores menos, o que representa nesta etapa un 56% menos de dotación de profesorado provisional,», subliña a Confederación Intersindical Galega.
O sindicato sinala que «é especialmente significativo o profesorado suprimido e desprazado en Primaria, que duplica o número respecto do curso pasado» o cal,»vai en detrimento da calidade do ensino». Elo, asegura “responde realmente un proceso de destrución de emprego continuado ao longo dos cursos», acusa ao Partido Popular de «mentiras e enganos dirixidos a privatizar un servizo público esencial» e advirte que “aumentará a conflitividade dos anos precedentes en todas as etapas educativas».
