A xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) negou que existan problemas de desabastecemento real un mes despois de entrada en vigor do copagamento, ou repagamento, nos medicamentos en función da renda. Eso sí, Nieves Domínguez admitiu nove casos de menciñas nos que houbo “dificultades puntuais“ durante xullo por falta de subministración, solucionados “en pouco tempo”.
Preguntada polos xornalistas pola denuncia dos colexios farmacéuticos por un suposto desabastecemento de medicamentos, a xerente do Sergas indicou que “é importante non confundir a poboación”, ao tempo que pediu ás farmacias “un exercicio de responsabilidade e dar sempre a información veraz e contrastada“.
Logo das declaración da xerente do Sergas, os farmaceútic os reiteraron a sñúa denuncia e repetiron que houbo “problemas importantes”na dispensación de medicamentos nas últimas semanas, que tanto nos coma os doentes tiveron que padecer”.
Na opinión dos farmacéuticos, quenes subliñan que os problemas xa se superaron, a orixe dos mesmos esta nos “recentes cambios feitos polo inisterio de Sanidade e, especialmente, no xeito de levalos adiante, moi precipitadamente e sen facer unha medidtación suficiente”.