Comarcas

A Xunta declarará Ben de Interese Cultural o Pazo de Fefiñáns

A nova foi adiantada este domingo polo presidente da xunta na súa intervención LX Festa do Viño Albariñovamos a coidar en consecuencia este entorno, esta arquitectura, esta paisaxe e estes edificios que forman parte da historia de Galicia, vamos a coidalos e vamos a protexelos”.

Durante a súa intervención, Núñez Feijóo referiuse ao exemplo das mulleres e dos homes da Denominación de Orixe das Rías Baixas para superar estes tempos de incerteza: “o referente teñen que ser os 7.000 viticultores, os máis de 130 adegueiros que representan a moita máis xente que se dedica ao viño en Galicia e que se dedica ao viño non só como unha forma de manter poboación no ámbito rural, senón tamén, como unha forma de vida, de ser e orientar a vida e unha forma, por suposto, de mellorar o benestar a través do emprego e da economía. Estes 7.000 viticultores non saben como vai ser a colleita do ano 13, aínda non saben como será definitivamente a colleita deste ano 12 e, sen embargo, nunca deixan de facer a súa labor. Son un bo exemplo para orientarse nos mundos actuais, un exemplo para saber que nada se regala, que nada é fácil e que nada se consegue sen traballo”.

 

También te puede interesar