Quen o cree, e o di, non é so o presidente do clúster galego, tamén é da mesma opinión o conselleiro de Economía e Industria. Javier Guerra, suscribiu hoxe as declaracións de Fernando Alcalde, engadiu que “a proposta que fixo España é intachable”, e asegurou que non atopa máis explicación para que Bruxelas siga retrasando a entrada en vigor do ‘tax-lease’ que o feito de que “están tomandolle o pelo a España”.
Sen citar ao vicepresidente da Comisión Europea e Comisario da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, Guerra declarou que “a Unión Europea, aparentemente, polas consecuencias e polas actitudes, non quiere falar deste problema. O gobernó español mandou a súa proposta e, agora, están demorando a solución con preguntas e máis preguntas”.
O conselleiro demandou unha resposta inmediata á UE, xa que “os asteleiros galegos o único que queren é competir en igualdade de condicións co resto dos sectores navales europeos”, e fixo unha advertencia, “a UE ten que respostar axiña se non queren que se den outras circunstancias, que non quero plantexar, ao respecto do sector naval”.