Galicia

Un morto e 86 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas esta fin de semán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 86 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15 horas do pasado sábado e as 23:59 h. deste domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 30 accidentes.

A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 e 39%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 40% dos atendidos tiña entre os 15 e os 39 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria, outros 10 feridos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar