+barato

Xa chegou a Festa da Istoria de Ribadavia

Os nosos compañeiros do vigolowcost contan hoxe que deu comezo unha das datas máis sinaladas do verán galego, trátase da festa da Istoria de Ribadavia, declarada de Interese Turístico Nacional. A Festa da Istoria recorda, ano tras ano, a historia desta vila e a súa bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

Durante os dous días temos unha morea de actividades que sumadas á ambientación e ao propio casco vello de Ribadavia fan da festa da Istoria un evento único, recoméndase ir vestido acorde coa época medieval, por exemplo cunhas prendas de liño.

Pago en marabedís

A moeda da festa da Istoria é o marabedí, isto dálle máis ambientación á festa. O seu uso é obrigatorio nos postos de rúa e de artesáns e é recomendable en todos os establecementos da vila. Poderás cambiar os teus euros por marabedís no Banco da Alhóndiga, na Praza Maior. A primeiras horas da tarde xa se poden volver cambiar os marabedís sobrantes por euros.

Se queres coñecer máis detalladamente o programa das festas pincha aquí.

También te puede interesar