Esquerda Unida (EU) de Vigo considera que os incrementos dos recibos do auga e da tarifa do transporte que teremos que soportar os vigueses a partir deste sábado, 1 de setembro, son o resultado “da inanición e a falla de valentía das forzas que se reclaman oposición para traballar dende xa” porque estes servicios públicos esenciais deixen de ser explotados por empresas privadas.
A través de comunicado, EU considera que non subir o IVE do transporte ou da auga non significa que non lle custe nada ao usuario. Máis ben significa que será o Concello o que pague esa diferencia ás empresas privadas, polo que en vez de pagalo directamente o usuario o pagará indirectamente mediante a non disposición de ese importe para outros gastos que lle afectan.
Para dita formación a única solución válida é non renovar a concesión nin a Aqualia e Vitrasa e abrir un novo proceso de concesión pública e “un estudio serio sobre remunicipalización do servizo”.
Segundo EU os servizos públicos deben ser xestionados polas institucións públicas so pena de pagar mais polo mesmo servizo e crear a dependencia social e política dunha entidade privada. Estamos a vivilo coa xestión da auga e, agora, ímolo a seguir vivindo coa xestión de Vitrasa.