O candidato socialista á Presidencia da Xunta remitiu este luns unha carta cunha “proposta formal» ao seu homólogo no PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para celebrar un debate público «o primeiro día de campaña ás 9 da noite». Segundo informou o secretario de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, en rolda de prensa posterior á primeira reunión do comité de campaña do PSdeG.
Na súa comparecencia, García xustificou a présa da proposta na necesidade de “non deixar marxe a despistes, dúbidas ou escaqueos» por parte do actual presidente do goberno galego.
Segundo indican os socialistas, non se fixan condicións previaspara o debate, “non poremos problemas para que sexa a dous, a tres», indicou o número dous de Pachi Vázquez, quen salientou que «os galegos teñen dereito» a que os candidatos contrapoñan os seus modelos.
