Eleccións

Feijóo, “a estabilidade política é básica para sair da crise”

Eso asegurou este martes o candidato do Partido Popular de Galicia á Presidencia da Xunta. Nunha entrevista concedida a Onda Cero, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a estabilidade política para sair da crise na vindeira lexislatura e “non volver aotra vez á época dos bipartitos e tripartitos”.

O actual presidente salientou que o obxectivo do seu partido é gañar e “sacar maioría absoluta, que é o que garantiza poder gobernar”. Feijóo indicou que quere darlle outros catro anos de estabilidade política a Galicia ao tempo que sinalou que a nosa comunidade “é solvente e cumpriu co obxectivo de déficit mantendo os servizos públicos esenciais”. “Sí, vencimos ao déficit esta lexislatura e o obxectivo é sair da crise a seguinte e, para iso, é necesaria a estabilidade política”.

Sobre as elección do vindeiro 21 de outono, Feijóo opina que “a incógnita  é a abstención” e lembrou que en 2009 votaron o 71% dos galegos, “un 29% de abstención fronte ao 35 ou 37% cando había un bipartito na Xunta”. O candidato popular rematou asegurando “teño esperanza e confianza en que o meu pobo non se deixe influir por cousas que non ocorren en Galicia”.

Preguntado sobre o resultado dos seus anos de goberno, Feijóo subliñou que “Galicia deixou de formar oparte do anecdotario político español para ser unha comunidade respetada, valorada e que ten expectativas de deixar a crise antes que a media das outras comunidades do Estado”.  O candidato do PP comentou que non pediu nin un euro ao Goberno, “porque temos as contas saneadas e auditadas…estamos construindo hospitais e non pechando servizos”, remarcou.

 

También te puede interesar