Así o dixo este xoves o candidato do Bloque Nacionalista Galego á Presidencia da Xunta, durante o xantar informativo que mantivo con xornalistas en Ourense. Francisco Jorquera, afirmou que Núñez Feijóo adiantou as eleccións autonómicas porque o presidente do Goberno, ordenoullo para que os galegos voten antes de coñecer as medidas que o executivo de Rajoy aplicará dende marzo.
Jorquera subliñou que “a dereita utiliza a crise económica como pretexto para levar a cabo un desmantelamento dos piares do Estado de Benestar e desvalorizar a democracia con políticas fundamentadas en recortes” e indicou que os mesmos son ineficaces para sair desta situación.
O candidato do Bloque advertiu que nas Eleccións Galegas do 21 de outubro que nas “está en xogo moito máis que a cor política, está en xogo o modelo de sociedade das xeracións futuras” e, por iso, condicinou a participación do BNG nun goberno de coalición á “redacción dun programa claro que marque un profundo cambio de rumbo”.