Galicia

Os funcionarios retoman as mobilizacións contra os recortes do Goberno

Centos de funcionarios saíron este xoves unha vez máis ás rúas para manifestar o “rexeitamento ás políticas de recortes que o PP está a impor dende o Goberno español e que o Goberno galego acata submisamente”, segundo declararon os delegados sindicais presentes nas protestas. As mesmas suponen a continuidade das mobilizacións iniciadas o pasado mes de xullo cando o executivo de Mariano Rajoy anunciou un novo paquete de medidas de recortes “laborais, sociais e económicos e que, coma denuncian as centrais sindicais, xa se están comezando a sentir nos distintos ámbitos: desaparición de servizos públicos, falta de cobertura das baixas, imposición de xornadas de traballo abusivas para facer fronte á falta de persoal, destrución de miles de empregos, redución da calidade asistencial, incremento das listas de agarda ou saturacións dos hospitais”.

As centrais advertiron que “estase avanzando rapidamente no proceso de privatización e externalización dos servizos públicos básicos”, o cal suporá que os servizos públicos que aínda prestaban as Administracións  “queden en nas mans das empresas privadas”.

Segundo a secretaria da CIG-Administración Pública, “a este desmantelamento da administración hai que súmalle o recorte de dereitos laborais e económicos aplicados ao conxuntos dos empregados e empregadas so sector público: supresión da paga extraordinaria, penalización económica por enfermidade, eliminación de días de libre disposición, ampliación da mobilidade, eliminación na práctica do dereito á negociación colectiva”.

Para Maricarme López está á vista que “o conxunto de medidas do PP teñen como obxectivo último desmantelar todas as conquistas sociais e laborais no sector público, xa que non se está só a falar de reducir salarios ou eliminar pagas extra senón tamén de destruír emprego reducindo a administración”. López sinalou que “finalmente serán as clases traballadoras as que paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.