Vigo al minuto

NCG Banco emprende accións contra Pego e outros exdirectivos e súmase á denuncia contra Gayoso

Novagalicia (NCG) Banco decidiu presentar esta mañá ante o Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Galicia unha demanda de conciliación contra ex directivos Novacaixagalicia. Segundo informa a entidade nunha nota de prensa, a reclamación ante o SMAC “procura a recuperación por parte do banco das indemnizacións percibidas polos ex directivos cando decidiron cesar nos seus cargos, e é previa á posible presentación dunha demanda laboral ante o Xulgado do Social”.

NCG Banco vén de sumarse tamén á causa xudicial aberta na Audiencia Nacional contra catro ex directivos e  o ex copresidente de Novacaixagalicia que exercía de presidente do consello durante o primeiro ano e medio de existencia da entidade, “coa intención de defender os intereses do banco no citado procedemento xudicial”.

A denuncia contra ex directivos, segundo salienta o banco, “marca o comezo dunha nova etapa na que NCG Banco, unha vez investigado a fondo cada asunto, decidirá se cómpre iniciar outros procedementos para a recuperación de fondos ou a depuración de responsabilidades na xestión da entidade no pasado”.

A presentación das demandas laborais e o seu resultado “non interfiren nin nos personamentos nin en futuras posibles reclamacións da entidade por outras vías xudiciais e en todos os casos nos que o banco considere que deba defender os seus intereses”.

 

También te puede interesar