Eleccións

Compromiso por Galicia quédase fora da coalición formada por EU e Anova

Esquerda Unida e Anova concorrerán ás próximas eleccións galegas baixo o nome de ‘Alternativa Galega’, co que se rexistraron  escasos minutos antes de rematase o prazo para inscribir as coalicións na Xunta Electoral. As dúas forzas tenden a man a Compromiso por Galicia (CxG), Equo e o Partido Humanista.

Sin embargo, esta integración semella que non se realizará logo de que CxG indicaran que non se integraron na coalición polo veto de EU, do que culpan ao Partido Comunista, evitando que CxG entrase na mesma en igualdade con Anova, a formación liderada por Xosé Manuel Beiras. Por elo, Compromiso por Galicia xa adiantou que concorrerá ás Eleccións ao Parlamento de Galicia en solitario.

Agora queda por ver se, finalmente se creará a coñecida ‘Syriza galega’, logo de que as bases da forza integrada por Máis Galiza, Acción Galega e Espazo Ecosocialista avalaran entrar no que denominaron ‘coalición técnica’ á que, ainda está por ver se, finalmente se incorpora CxG.

 

También te puede interesar