Comarcas

4.000 cidadáns de Mondariz-Balneario, sen médico

O BNG de Mondariz Balneario denuncia que a Consellería de Sanidade  mantén pechado, por septimo día consecutivo, o centro de saúde do concello por falta de médicos sustitutos no verán.

A través de comunicado, os nacionalistas esixen unha solución inmediata para paliar este problema, xa que “se lle está negando os cidadáns de Mondariz Balneario un dereito tan principal e básico como é o da cobertura sanitaria”. Lembramos como incluso en anos anteriores chegouse a reforzar o servizo nos meses de verán ata con dous médicos, debido o incremento dos residentes no concello durante a etapa estival.

“Non entendemos como os responsables de sanidade permiten o peche dun centro que da cobertura sanitaria a todo o municipio” ademais das persoas veciñas das parroquias de Pias (Ponteareas) e Vilar (Mondariz), co que o centro atende a unha poboación total de 900 pacientes, que se incrementan ata 4.000 pacientes nos meses do verán.

Segundo o BNG, no ano 2006, como consecuencia da inexistencia de persoal disponible inscrito nas listas de substitución, o peche do centro de saúde de Mondariz Balneario durante dous días seguidos, foi obxecto de reacción por parte do  alcalde que  anunciou que dende o concello se iniciarían as mobilizaciós pertinentes e necesarias en defensa “dos dereitos básicos dos veciños deste concello”.

Incluso o rexidor promoveu  unha recollida de sinaturas que dixo se presentarían na delegación da Consellería.

A situación, co peche do centro de saúde,  repítese e mesmo agrávase,  pois o centro leva máis días pechado e a resposta é que ata o 17 de setembro non hai consulta.

O BNG  denuncia a pasividade do alcalde e reclama a inmediata reactivación do servizo médico en Mondariz Balneario.

También te puede interesar