Comarcas

O Concello de Arbo programa, este venres, revisións dentais para os veciños

Así é, xa que o  Concello de Arbo, con motivo do día mundial da saúde bucodental, organiza o vindeiro venres 14 de setembro un conxunto de actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida de todos os veciños.

Conscientes da importancia que ten a saúde bucodental, durante toda a xornada celebraranse unha serie de actividades dirixidas a todas as idades: desde as 10,00 ás13,00 e desde as  15,30 ás 19,00 haberá revisións gratuítas, explicacións e información individual, para nenos e maiores, a cargo dun  odontólogo titulado.

Entre as 11,00 e as  16,00, desenvolveranse charlas informativas para todas as idades co obxectivo de concienciar da importancia dos coidados bucodentais.Finalmente, entre as 16,00 e as 19,00 desenvolveranse actividades lúdicas, xogos e pasatempos, especialmente pensadas  para os máis cativos.Todas as actividades desenvolveranse na Biblioteca Municipal de Arbo.

 

También te puede interesar