Os membros do comité de empresa de Vitrasa permanecen concentrados ás portas da concesionaria do transporte urbán dende as 7 da mañá en protesta polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo. Segundo declarou o presidente do mesmo a vigoalminuto, as reivindicacións dos traballadores son “principalmente sociais, non económicas”, entre elas o aumento dos días de descanso semana de un a dous, que tres das catro semanas de vacación anuais sexan en período veraniego, de maio a octubre, “para que poidamos estar coa familia”, que esta poida usar gratuitamente o autobús, “como pasa con outras concesionarias noutras ciudades”, e que se contraten máis conductores.
Para esto último os traballadores plantexan traballar gratis 13 minutos máis ao día, “pasando da actual xornada de 7 horas e 35 minutos a 7 horas e 48 minutos, co custe desas horas, que nos non cobraríamos, poderíanse contratar 11 ou 12 conductores, co cal, ademáis de dar emprego, ainda que fose temporal a estas persoas, quedaría resolto o problema do descanso e casi ao mesmo custo para a empresa”, afirma Narciso Herrero.
O presidente do Comité lembra que os empregados de oficinas e taller da compañía xa disfrutan desos descansos e de días libres de fin de semán, e que os mesmos poden extenderse, tamén, aos conductores que, maioritariamente, pese a súa xornada de 7 horas e media diarias, sobrepasan as 10, habitualmente. “O ano pasado fixemos un total de 523.000 horas de traballo das que preto de 60.000, máis do 10% foron extras”, salienta. Aínda que estas horas están pagadas, os chóferen plantexan manter a xornada real e destiñar o que se paga por esas horas á contratación de máis conductores, algo que “Vitrasa non quere negociar, pese a que levamos 10 meses reuníndonos para intentar pechar o convenio”.
Os traballadores sinalan que este ano, Vitrasa incrementou o billete nun 4,37%, “sen contar o IVE que teñen que pagar os usuarios”, mentras que os soldos aumentaron nun 1%, “e iso cun IPC do 2,7%, polo cal “queda craro que nos non pedimos melloras económicas directas, entendemos na época na que estamos, senon melloras sociais e laboráis”, recalca Herrero.