Galicia

Preto do 80% dos doentes que acuden a Urxencias cree que son atendidos ben e rápidamente

O 79,79% dos pacientes que acudiron aos servizos de Urxencias da rede sanitaria pública galega o ano pasado consideraron que foron atendidos con rapidez, segundo o Barómetro Sanitario publicado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Estes datos supoñen unha mellora en relación co ano anterior. Neste sentido, segundo informe, o 13,13% dos cidadáns enquisados afirman que se lles atendeu con moita rapidez, fronte ao 10,58% do ano anterior, e o 66,66% cren que recibiron a asistencia con bastante rapidez , por o 43,27% de 2010.

Así mesmo, o 79,8% dos pacientes que acudiron a Urxencias en 2011 pensan que a atención recibida foi boa ou moi boa; mellorando tamén o indicador de 2010, cando esta porcentaxe era de 74,03%.

Diminución das atencións en 2012

Estes datos do CIS coinciden cos datos de actividade acadados no que vai de ano 2012, no que se sigue a constatar unha caída do número de atencións urxentes nos centros hospitalarios do Sergas.

Así, no primeiro semestre observouse unha diminución significativa das atencións en urxencias dos hospitais da rede do Servizo Galego de Saúde, que acadaron a menor cifra dos últimos cinco anos. En total, entre xaneiro e xuño houbo 489.453 atencións urxentes nos hospitais, o que supón unha redución de arredor dun 5% con respecto ao mesmo período do ano anterior, cando houbera 514.709.

Esta diminución débese a distintos factores, como o aumento da capacidade resolutiva da Atención Primaria e dos puntos de atención continuada (PACs), máis accesibles á poboación. Tamén é debido á configuración das estruturas organizativas de Xestión Integrada, que fai que o grao de coordinación funcional das urxencias hospitalarias e extrahospitalarias sexa maior.

Ademais, ao tempo que se reduce a cantidade de asistencias globais nas urxencias hospitalarias existe un aumento das derivacións dende os PAC aos servizos de urxencias dos centros hospitalarios, xa que os pacientes acoden máis en primeiro lugar ao primeiro nivel de atención e son máis derivados nos casos nos que realmente é necesario.

Valoración dos profesionais moi positiva

O Barómetro Sanitario de 2011 amosa tamén que os cidadáns valoran positivamente o trato recibido polos profesionais sanitarios de Galicia. Así, o 76,51% dos pacientes consideran que a atención recibida en consultas externas é boa ou moi boa (fronte ao 74,82% de 2010); porcentaxe que aumenta en Atención Primaria ata o 86,55% dos usuarios (mellorando o dato do ano anterior, cando era de 86,55%).

Ademais, o 93,34% dos pacientes hospitalizados consideran que a atención recibida nos centros hospitalarios públicos de Galicia foi tamén boa ou moi boa, incrementando a porcentaxe de 2010, cando era de 91,88%.

 

También te puede interesar