Eleccións

Podes consultar os resultados das Autonómicas de 2005 e 2009 por concellos, seccións e mesas

A Xunta vén de publicar os resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia nas convocatorias de 2009 e 2005 no portal Abert@s. Así as empresas e cidadáns que o desexen poden acceder a esta información en formatos abertos, o que lles permite reutilizalos e crear posibles aplicacións e prestacións.

A información dispoñible inclúe os datos do censo de electores, os indicadores de voto, abstención, os votos acadados por cada formación política que presentou candidatura. Os datos están detallados a nivel de mesa electoral (distrito, sección e mesa) e está accesible nas seguintes ligazóns: resultados 2009 en Abert@s: http://abertos.xunta.es/catalogo/administracion-publica/-/dataset/0260/eleccions-parlamento-galicia; resultados 2005 en Abert@s: http://abertos.xunta.es/catalogo/administracion-publica/-/dataset/0261/eleccions-parlamento-galicia

O portal Abert@s publicará tamén os resultados da convocatoria electoral  do vindeiro 21 de outubro. Os datos das eleccións de 2005 e de 2009 son a última incorporación a esta iniciativa Open Data da Xunta, que se puxo en marcha en marzo para facilitar o acceso á información xerada pola Administración para a súa reutilización.

 

También te puede interesar