Comarcas

Empeza o xuizo polo asasinato de Laura Alonso

Na Audiencia Provincial de Ourense empezou este luns o xuízo polo asasinato de Laura Alonso, a moza de 19 anos de Toén que apareceu morta en agosto de 2009. O seu pai pediu que “que se faga xustiza e se saiba toda a verdade”. Cesáreo Alonso, quen recoñeceu que tres anos sinte moita rabia e ten ganas de verlle a cara ao acusado, “foi valente non é agora para saír coa cara descuberta”

O avogado da familia, salientou  que a acusación pedirá 20 anos de prisión para o acusado, quen “xa recoñeceu os feitos nas súas dúas últimas declaración, en total liberdade e asistido polos seus letrados”. Alfonso Pazos indicou que concorren dúas agravantes, “por un lado, o abuso de superioridade física, xa que Laura Alonso pesaba 45 quilos e estaba dentro dun coche cunha persoa maior, forte e nova, que traballaba coas mans. Unha muller nesas condicións está indefensa, e, por outro lado influiu “o lugar e as circunstancias xa que os feitos sucederon de noite nun descampado onde non podía pedir axuda, xa que podía berrar o que quixese que en quilómetros non podía oila ninguén”, explicou o letrado.

 

También te puede interesar