Galicia

Máis de 145.500 rapac@s comezan este luns as clases en Secundaria, Bacharelato e outras ensinanzas

Hosxe, día17, un total de 145.544 estudantes darán comezo as clases en educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial nos centros educativos galegos. O curso 2012/2013 arrincará, segundo os datos provisionais de matriculación, con 86.676 alumnas e alumnos na ESO e 31.194 en bacharelato. En disciplinas artísticas 10.068 estudantes comezan as clases do novo curso, 402 nas deportivas, e 17.204 nas ensinanzas para adultos.

Ademais este luns dan comezo as clases nos ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión

Neste sentido cómpre lembrar que este curso implántanse de forma anticipada 27 títulos de formación profesional que responden ás cualificacións que demandan os sectores produtivos galegos, o que significa 2.600 novas prazas -máis dun 12% por riba do curso anterior-.

Educación Secundaria

Un total de 86.676 alumnos , un 0,5% menos que o ano pasado, empezarán o curso en centros galegos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria en toda Galicia, fronte aos máis de 87.115 do ano pasado. Deles 46.328 cursarán estudos de 1º e 2º da ESO, mentres que 40.348 estudarán 3º e 4º da ESO. Por provincias, A Coruña conta con 35.448 alumnos matriculados na ESO, Lugo con 9.285, Ourense con 8.858 e Pontevedra con 33.085.  Deles, 60.179 acudirán a centros públicos,  24.447 a concertados e 2.050 alumnos a privados.

Bacharelato

Este luns tamén comezarán o curso os alumnos do bacharelato ordinario. En total 31.194, un 0,8% menos que o ano pasado, estudantes están matriculados no curso 2012-2013, en ensinanzas postobrigatorias en toda Galicia, un lixeiro descenso respecto dos 31.449 do curso 2011/2012. Deles, 12.738 están matriculados na provincia da Coruña, 3.327 en Lugo, 3.436 na provincia de Ourense e 11.693 en centros de Pontevedra.

Destes mesmos, na Coruña son 6.556 alumnos os matriculados no primeiro curso do bacharelato, 1.670 en Lugo, 1.795 en Ourense e 6.075 en Pontevedra. Así, suman 16.096 alumnos. No segundo curso, son 6.182 os matriculados en centros coruñeses, 1.657 en Lugo, 1.641 en Ourense e 5.618 en Pontevedra; facendo un total de 15.098 alumnos, do total de Galicia, 26.143 alumnos están matriculados en centros públicos e 5.051 en privados.

 

También te puede interesar