Así o dixo este martes, aos xornalistas, durante a presentación do Plan Estratéxico do Cluster da Súde de Galicia. O candidato á reeleción á fronte da Xunta, asegurou que está a dispor do PSdG e do BNG para debater porque, “quero presentar o meu balance de gobernó e o proxecto de futuro e custríame coñecer o das outras forzas que, semella, están dispostas a gobernar xuntas”.
Feijóo, que fai estas declaración xusto o mesmo día no que os coordenadores de campaña dos tres partidos con representación no Parlamento de Galicia, teñen unha xuntanza para fixar as condicións dos debates electorales, repetiu que, “dende o principio eu sempre quixen ter estos encontros cara a cara e sempre amosei a miña disponibilidade”.
O presidente engadiu que sentíase moi satisfeito polo feito de que os candidatos socialista e nacionalista acepten estos debates, en mayúscula, e que agarda que lle digan “cómo e cando van a ser de qué imos tratar”. Logo de repetir que quere presentar o seu balance e de engadir que quere coñecer as propostas de PSdG e BNG, o cantidato do PP manifestou o seu desexo de que haxa alguna proposta nestos debates porque “os galegos teñen dereito a coñecer os postulados de cada partido”.