Galicia

#twittea en galego

Xa podes. Twitter comeza por fin a falar galego. A rede social anunciou, a través do perfil oficial do seu tradutor, que incorporará dezaseis novas linguas ao seus sistema, entre as que se atopa o galego.

Hai uns días, a etiqueta #férvemeosangue converteuse en trending topic, grazas aos apoios que se sumaron a unha intensa campaña posta en marcha polo usuario @tweet_en_galego para que a rede non se esquecese da nosa lingua. Parece que Twitter, despois de incluír o eúscaro e o catalán, decidiu escoitar as peticións dos usuarios e darlle a quenda á versión do seu servizo en galego.

O tradutor da rede social pediu axuda, a través do seu blog oficial, a todos aqueles dispostos a colaborar no seu servizo, que deberán inscribirse no Centro de Tradución para axudar na nova versión galega de Twitter.

 

También te puede interesar