Eleccións

O socialista Pachi Vázquez comprométese a revisar o proxecto do Hospital de Vigo nos primeiros 100 días de goberno

O candidato dos socialistas galegos á Presidencia da Xunta, comprometeuse este mércores en Vigo a revisar, nos 100 primeiros días de goberno o proxecto do novo hospital da cidade para “nunca permitir que alguén xestione con carácter privado” este centro hospitalario. Pachi Vázuez sinalou que o centro sanitario está en grave perigo” por falla de financiamento cando o sistema financeiro “non da crédito a 20 anos”, o tempo previsto da adxudicación, e subliñou que “queremos un hospital público para Vigo”.

O candidato, que visitou as obras do futuro hospital e recibiu un documento da Plataforma en Defensa coa Sanidade Pública sobre a situación da sanidade galega e o Hospital de Vigo e comprometeuse arevisar absolutamente todo” o que se refire a este centro sanitario por canto constitúe “todo un símbolo do que non se debe facer na sanidade pública”.

Vázquez lembrou que a concesión asinada polo actual gobernó galego obrigará a pagarlle a unha empresa privada 70 millóns anuais durante 20 anos de concesión, un total de 1.400 millóns,fronte aos 750 millóns de euros con financiamento cen por cen público do proxecto elaborado polo goberno socialista e que foi desbotado por Feijóo ao comezo da lexislatura”. Ademáis subliñou que mentres o proxecto orixinal prevía 1.495 camas, o proxecto de Feijóo estima entre 600 e 900 camas, reduce os quirófanos de 36 a 22 e o volume de edificación reduciuse un 30%.

Ademáis, o presidenciable, comprometeuse polo tanto a “deixar sen efecto as medidas de recorte de dereitos á cidadanía e ás persoas traballadoras da sanidade” que levou a a Xunta durante a pasada lexislatura e reiterou que a sanidade pública “só pode ser universal, gratuíta e solidaria”, ainda que non dixo nin cómo iba a facelo, nen de qué partida ou partidas sacaría o investimento necesario, cándo o realizaría, cándo estaría funcionando este modelo ou quén encargaríase de levar esta promesa á realidade.

 

También te puede interesar