Eleccións

Un particular faise co dominio feijoo2012.com no que denuncia «a verdade do goberno do PP»

Non estiveron moi acertados, precisamente, os encargados da campaña do Partido Popular de Galicia para as Eleccións Galegas deste ano. Esqueceron rexistrar o dominio www.feijoo2012.com, con tan mala sorte que o fixo no seu lugar Antonio Sangiao, exdirector do xornal.com que, lonxe de gardalo na súa casa ou pedirlle cartos por el aos populares, deulle forma e adícase a denunciar ao home que se autoproclamou como abandeirado das políticas de austeridade do Partido Popular que agora está a practicar o seu aliado e compañeiro político Mariano Rajoy e que só están a derivar en recurtes sociais e na destrución masiva de emprego», salienta  a páxina.

A nova ven de ser difundida por os nosos compañeiros de galiciaconfidencial.com que salientan que o rexistro do dominio está feito en maio de 2011 por un periodo dun ano.

A web leva por título «A verdade sobre o Goberno do PPdeG», e non so se limita a facer historia, dende a campaña das anteriores Autonómicas ou a xestión do presidente,se non que está actualizada, ate o punto de que fai referencia a un tema que está de máxima actualidade: os contratos de Pemex.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.