Comarcas

Tui organiza as xornadas ‘Lendo na casa’

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza, entre os días 21 e 35 de outubro baixo o nome xenérico de ‘Lendo na casa’ as 1ª Xornadas sobre lectura e familia que inclúen unha serie de actividade de promoción da lectura no ámbito doméstico. Este programa de actividades está organizado en colaboración coas bibliotecas escolares do municipio tudense.

Esta proposta xorde das peticións de moitos pais que reclaman dos centros bibliotecarios algún tipo de asesoramento para a promoción da lectura no espazo familiar ao entender que esta resulta unha ferramenta imprescindible para a formación das persoas, especialmente os nenos e nenas, e unha enriquecedora oferta para o lecer.

A creación e consolidación do hábito da lectura é o obxectivo destas xornadas, que están estructuradas en actividades para os rapaces e en actividades para os pais e nais, tanto de caracter informativo como obradoiros prácticos.

O programa comprende as seguintes actividades:

Domingo 21 de outurbo

18,30 h.: Espectáculo: O señor das dunas

Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Salón de Actos da Aula Uned (antigo convento San Domingos)

Martes 23 de outubro

19,30 h.: Conferencia-coloquio de apertura polo escritor e docente Antonio García Teijeiro

Mercores 24 de outubro: Día da Biblioteca

18,00 h.: Contacontos para nenos de 3 e 5 anos con Pavis-Pavos:

20,00 h.: Obradoiro para pais con Pavis Pavós. (¿Que conto che conto?):

Xoves 25 de outubro:

18,00 h.: Contacontos para nenos de 6 a 9 anos con Marisa Irimia – kamishibai

19,00 h.. Mesa redonda “Lendo na casa”

– Conchi Regueiro, escritora

– Concha Costas de Espazo Lectura de Gondomar

– Representante da asesoría de bibliotecas escolares – Xunta de Galicia

20,30 h.: Obradroiro para pais con Marisa Irimia

No decurso destas xornadas haberá unha serie de actividades complementarias como son: intercambio e liberación de libros, stands de librerías e editoriais e a convocatoria dun concurso de fotografía sobre a temática das xornadas: ‘Lendo na casa’.

A participación nestas xornadas é libre e gratuíta agás os obradoiros para pais e nais nos que cómpre a inscrición previa a ter un número limitado de prazas.

También te puede interesar